NOVOS HABITANTES NA NOSA AULA
No segundo trimestre aumentou a poboación de seres vivos da aula de terceiro B. Tres peixes trouxeron calma e relax e novas responsabilidades os alumnos/as de terceiro.
Entre todos calculamos a auga necesaria para encher a peceira así como todo o que precisasmos e tamén escollimos democraticamente o nome dos tres peixiños. Un deles foi dourado pola cor das súas escamas, outro Pincho polo característico da súa aleta...
Agora os nosos peixes foron de vacacións con algúns dos nosos rapaces e voltarán en setembro máis morenos e máis gordechos.