domingo, 30 de noviembre de 2014

ASÍ ERAMOS E ASÍ SOMOS




No curso de 2º A estivemos vendo como éramos de pequenos e canto pesa un bebé, canto mide ou cantos dentes ten un de pequeno. Agora estamos vendo que cambios se produciron, canto medimos agora ou cantos dentes pode chegar a ter un adulto.


Contacontos



Fai dúas semanas estivemos escoitando un conto contado por unha persoa sorda. Foi moi divertido e aprendemos algunhas cousas mais sobre os sordos. Xa sabemos como aplauden e como se dí avoa ou recreo en linguaxe de signos.
Aquí están algunhas imaxes dese día.






jueves, 27 de noviembre de 2014

MAGOSTO


Celebramos o magosto e comemos castañas. Tamén decoramos cabazas que nos quedaron moi chulas e hasta terroríficas. Aquí podemos ver as cabazas e o gañador do primeiro premio.







jueves, 20 de noviembre de 2014

COMENZO DUN NOVO CURSO

Estamos xa metidos nun novo curso escolar.
Este curso 2014-2015 é moi importante para os vosos fillos. Xa medramos dende primeiro e tamén debemos, en consecuencia, madurar.
Coñecemos as normas do cole e da aula e o noso deber é cumprilas.
Vimos ao cole a aprender cousas novas e desfrutar facendoo. É importante motivar a súa curiosidade innata e dirixila cara unha aprendizaxe satisfactoria.
Cada neno/a é un mundo distinto, pero debe aprender a vivir e convivir neste mundo tan variopinto e dispar no que nos atopamos inmersos.
Tamén debemos ensinarlle a facelo dun modo respetuoso cos demais e co medio.
Un saúdo para todos e contamos coa vosa colaboración para lograr a educación integral dos vosos fillos/as.