jueves, 18 de diciembre de 2014

VISITA ao M.A.C (museo de arte contemporáneo)

Visitamos o museo e aprendimos que hai moitas cousas que nos poden facer diferentes pero non por iso inferiores a ninguén ou con limitacións para facer cousas, xa que aprendemos a desenrolar máis outras capacidades.

Despois na aula fixemos tamén as nosas pequeñas obras de arte imitando a técnica empregada na exposición que estivemos vendo no museo.
Esta  é a nosa pequeña galería.
 
 




viernes, 5 de diciembre de 2014




CONTOS E CONTACONTOS

Estamos traballando os contos. (fórmulas para comenzar, rematar, o principio, a historia e o desenlace ou final do conto...)

Entre todos elaboramos un conto moi divertido na pantalla que podedes ver no seguinte enlace:

http://storybird.com/books/la-brujita-y-el-gato/?token=spcmx8e8u7


Ademais acudimos as Torres a disfrutar de dous contacontos maravillosos, Os nenos pasarono moi ben. Aquí tedes algunhas das imaxes que o demostran.






VILLANCICOS , PANXOLIÑAS



Estamos aprendiendo algunos villancicos en distintas lenguas (castellano, gallego e inglés)
Hemos empezado por  "MI BURRITO SABANERO" villancico típico de países latinos muy simpático y divertido para cantar con los niños.

Tienen la letra y la música en el siguiente enlace.
A CANTAR!!!!!!!!!!!!!!

http://www.youtube.com/watch?v=ogJSyom8pO8


Villancico mi burrito sabanero | Canciones infantiles

jueves, 4 de diciembre de 2014

NOSOS RESTAURANTES





OS NOSOS RESTAURANTES





Resultou divertido e moi interesante ver os menús elaborados polos nosos pequenos "Chefs".
Algunhas cartas son pequenas obras de arte.



Outros restaurantes son inaccesibles para a maioría de nós; os nosos soldos non chegan a tanto, pero supoño que algún famoso ou futbolista poderá permitirse ese luxo. Pero hai outros que son asequibles a tódolos bolsillos.

Aquí quedan expostas as cartas destes maravillosos restaurantes.

BO APETITO!!!!!





O UNIVERSO

Recordamos os planetas con este divertido poemiña.


ASTRONAUTA SEMANAL

Quero ser astronauta,
voar en nave espacial,
saír do planeta Terra
en viaxe semanal.

O luns visitar a Lúa.
O martes ir ata Marte.
O mércores a Mercurio.
O xoves coñecer Xúpiter.
O venres estar en Venus.
O sábado ir a Saturno.
O domingo chegar ao Sol, 
e despois de merendar,
a Urano, Neptuno e Plutón.



domingo, 30 de noviembre de 2014

ASÍ ERAMOS E ASÍ SOMOS




No curso de 2º A estivemos vendo como éramos de pequenos e canto pesa un bebé, canto mide ou cantos dentes ten un de pequeno. Agora estamos vendo que cambios se produciron, canto medimos agora ou cantos dentes pode chegar a ter un adulto.


Contacontos



Fai dúas semanas estivemos escoitando un conto contado por unha persoa sorda. Foi moi divertido e aprendemos algunhas cousas mais sobre os sordos. Xa sabemos como aplauden e como se dí avoa ou recreo en linguaxe de signos.
Aquí están algunhas imaxes dese día.






jueves, 27 de noviembre de 2014

MAGOSTO


Celebramos o magosto e comemos castañas. Tamén decoramos cabazas que nos quedaron moi chulas e hasta terroríficas. Aquí podemos ver as cabazas e o gañador do primeiro premio.







jueves, 20 de noviembre de 2014

COMENZO DUN NOVO CURSO

Estamos xa metidos nun novo curso escolar.
Este curso 2014-2015 é moi importante para os vosos fillos. Xa medramos dende primeiro e tamén debemos, en consecuencia, madurar.
Coñecemos as normas do cole e da aula e o noso deber é cumprilas.
Vimos ao cole a aprender cousas novas e desfrutar facendoo. É importante motivar a súa curiosidade innata e dirixila cara unha aprendizaxe satisfactoria.
Cada neno/a é un mundo distinto, pero debe aprender a vivir e convivir neste mundo tan variopinto e dispar no que nos atopamos inmersos.
Tamén debemos ensinarlle a facelo dun modo respetuoso cos demais e co medio.
Un saúdo para todos e contamos coa vosa colaboración para lograr a educación integral dos vosos fillos/as.

miércoles, 4 de junio de 2014




SAÍDA A LAGOA DE MERA.

Na lagoa de Mera contemplamos como un cisne saía voando. Tamén vimos as tartarugas a través duns prismáticos.
Escoitamos os paxaros, collimos cunchas na praia e pasámolo moi ben.