jueves, 20 de noviembre de 2014

COMENZO DUN NOVO CURSO

Estamos xa metidos nun novo curso escolar.
Este curso 2014-2015 é moi importante para os vosos fillos. Xa medramos dende primeiro e tamén debemos, en consecuencia, madurar.
Coñecemos as normas do cole e da aula e o noso deber é cumprilas.
Vimos ao cole a aprender cousas novas e desfrutar facendoo. É importante motivar a súa curiosidade innata e dirixila cara unha aprendizaxe satisfactoria.
Cada neno/a é un mundo distinto, pero debe aprender a vivir e convivir neste mundo tan variopinto e dispar no que nos atopamos inmersos.
Tamén debemos ensinarlle a facelo dun modo respetuoso cos demais e co medio.
Un saúdo para todos e contamos coa vosa colaboración para lograr a educación integral dos vosos fillos/as.

No hay comentarios:

Publicar un comentario