Recordade que esta semana imos facer unhas pequenas probas para ver se sabemos facer e temos asimilado o que vimos nestre trimestre.
Seguimos a traballar o cálculo, as sumas e restas da decena coas unidades; as maiúsculas ao comenzo e nos nomes propios así como recordar poner m antes de p e b e cando usamos os dous RR.
A letra R é moi valente e por iso sempre vai sola no comenzo das palabras, pero tenlle medo á familia real e cando se ve rodeada de dúas vocais pídelle axuda o seu xemelgo.
Aprendemos cousas sobre os animais como se son herbívoros, carnívoros ou omnívoros; salvaxes ou domésticos; ovíparos ou vivíparos.....
Tamén sabemos cal é o ciclo da auga e en qué estados a podemos atopar e onde.
No apartado de coñecemento deixovos dous videos para recordar o que vimos na clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario